O PP volve cambiar de cabeza de cartel en Ourense e designa a concelleira Ana Méndez como candidata á alcaldía. Tras gobernar en 2015 co ex-conselleiro Jesús Vázquez, a quen sacrificaran como líder local en 2019 para pactar con Democracia Ourensana a cambio do apoio a Baltar na Deputación, en 2023 recuperaran o antigo rexedor Manuel Cabezas, que renunciou como edil pouco despois do segundo acordo dos populares con Gonzalo Pérez Jácome, de quen agora a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirma que "só pensa no seu propio beneficio e no show". O PP presenta as súas candidaturas ás alcaldías de capitais provinciais de todo o Estado este sábado cun acto en Santiago encabezado por Feijóo. [Imaxe: PPdeG]
- HEMEROTECA | O acordo PP-PSdeG e a promesa de Rueda que romperon os populares para volver pactar con Jácome
- 🔊 HEMEROTECA | PODCAST - FÁLASE | Anatomía do de Ourense