Sofía Ruvira gaña a décima edición do Premio Illa Nova de Narrativa coa súa obra Dos afectos, o río. O xurado, composto polas xornalistas Mar Mato e Cláudia Morán, a escritora María Quiroga -gañadora en 2015- e Malores Villanueva, en representación da Editorial Galaxia, destaca que "s trata dunha obra de notable calidade literaria, que se achega cunha mirada fonda e sensible ás diversas formas de violencia presentes na sociedade" tomando "como punto de partida un acontecemento histórico situado na vila de Allariz". Este galardón da Editorial Galaxia está dirixido a autoras e autores menores de 35 anos e toma o nome da colección que, inaugurada en 1957, procurou "dar continuidade ao proxecto editorial a través das novas xeracións e cunha permanente vontade de renovación".