A Xunta concede a Medalla de Galicia á empresaria hoteleira arxentina Claudia Álvarez; á fiscal en Suíza Beatriz Gil; á xornalista en Venezuela Carla Angola e á odontóloga brasileira Camila Fernández como "homenaxe á colectividade galega no exterior". A concesión deste 2026 é a primeira desde que o Goberno galego reformou a normativa que regula estas Medallas, mudanza aprobada tras concederlla en 2025 á princesa Leonor sen ponderar os méritos como marcaba a anterior regulación. Na imaxe, un dos dous actos en torno ás Medallas, o pasado ano.