O BNG da Coruña "dá por rotos" os seus pactos co goberno local do PSdeG. A voceira e candidata á alcaldía do Bloque, Avia Veira, atribúe a decisión a que "o executivo de Inés Rey incumpriu sistematicamente" os acordos de investidura e de orzamentos deste 2026. De agora en diante, apunta, "sempre se se traia algo positivo ao pleno terá o noso apoio", se ben "dados os incumprimentos, sentímonos liberadas de calquera atadura". Na imaxe, Veira este martes en conferencia de prensa.