Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario palestino afincado en Santiago, será o pregoeiro das Festas do Apóstolo. O tamén doutor e impulsor da Fundación Araguaney nos anos 80, salienta o goberno local compostelán, desenvolveu na capital galega unha ampla actividade empresarial no sector hoteleiro (Araguaney) e audiovisual coa produtora CTV, ademais de "contribuír a proxectar" a cidade como "lugar de intercambio cultural". A súa intervención dende os balcóns do Pazo de Raxoi será este mércores, día 22, xornada de inicio das festas, ás 21:30. Na imaxe, Ghaleb Jaber coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a edil de Festas, Pilar Lueiro.