O Consello de Ministros aproba e envía ás Cortes o proxecto da nova a lei do tabaco, que equipara cigarros electrónicos aos convencionais e amplía a prohibición de fumar a espazos como terrazas hostaleiras, praias ou piscinas. A ministra de Sanidade, Mónica García, subliña as arredor de 50.000 mortes anuais vencelladas ao tabaquismo e que a vontade do Executivo é avanzar cara a unha "xeración libre de tabaco". [Imaxe: Pawel Czerwinski / Unsplash]