Ana Pontón pide a Alfonso Rueda "unha reunión urxente para avanzar cara a un pacto real a prol do galego". A portavoz nacional do Bloque formalizou a petición nunha carta ao presidente, a quen a formación considera "o gran ausente neste asunto", sinala a vicevoceira da formación no Parlamento, Olalla Rodil. Este mércores os populares prevén os contactos cos grupos parlamentarios a respecto do novo Plan Xeral de Normalización Lingüística. Na imaxe, a líder do Bloque dá os parabéns a Rueda tras a súa toma de posesión como presidente en 2024 [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
- +INFO 👉 O PP inicia contactos sobre o plan do galego e Pontón reclama negocialo con Rueda
- O plan para o galego admite "urxencia" e suxire mudanzas no decreto do ensino
- O plan do galego alén das aulas: "derrubar" prexuízos ou "acollemento lingüístico" a inmigrantes
- A Xunta ve posibles "axustes" no decreto do galego e acusa a BNG e PSdeG de criticaren o Plan sen lelo