O Concello das Pontes informa das recomendacións de seguridade para a voadura controlada das torres de refrixeración da antiga central térmica, que terá lugar o vindeiro xoves 30 de xullo ás 16 horas. A operación, que terá unha duración de 1,2 segundos, cun nivel de ruído semellante ao producido por uns fogos artificiais. Dende as 15.30 e ata as 16.30 estarán cortadas as estradas próximas e durante ese intervalo non estará permitido o acceso á zona de seguridade nin á área de exclusión establecida.