O Consello do Poder Xudicial avala moi dividido a decisión de apartar o xuíz Luís Villares dos casos eólicos. O bloque conservador impuxo os seus 11 votos aos 10 do bloque progresista grazas ao voto de desempate da presidenta do Consello, Isabel Perelló. A decisión de afastar a Villares polo seu pasado en En Marea da sección da sala do Contencioso-Administrativo do TSXG que analiza esas e outras decisións da Xunta foi tomada pola nova presidenta da sala, María Azucena Recio, nada máis chegar ao cargo en marzo. Ademais deste pronunciamento do Consello Xeral do Poder Xudicial, a decisión de apartar a Villares foi denunciada por diversos colectivos ante a Fiscalía. Na imaxe, do CXPX, Isabel Perelló.
- HEMEROTECA (25/3/2026) | O xuíz Villares, afastado á forza da sección do TSXG que sentencia sobre eólicos e contratos da Xunta
- HEMEROTECA (2/6/2026) | A Fiscalía do Supremo analizará se foi legal que o TSXG apartase o xuíz Villares dos casos eólicos
- HEMEROTECA (18/6/2026) | A Fiscalía de Galicia rexeita a decisión do TSXG de apartar dous xuíces da sección que xulga os eólicos