Achado un proxectil de artillería de 62 milímetros coa espoleta activada na parroquia compostelá de San Xoán de Fecha. A Policía Nacional, que realizou a súa "detonación controlada" a pasada noite, "non descarta que puidese corresponder á guerra civil española" -isto é, a ataques posteriores ao golpe do 36 na cidade- un artefacto achado por persoal que "se atopaba efectuando labores de roza na zona". Antes de estoupalo os Tedax inspeccionaron a contorna e atoparon tamén "un tramo de cordón detonante e varios metros de mecha lenta" que agora van analizar nos laboratorios, informan.