O Goberno de España proporá Yolanda Díaz como directora xeral da Organización Internacional do Traballo (OIT). "Por primeira vez, unha muller e o noso país estarían á fronte desta institución fundamental para a defensa do traballo digno e a xustiza social", destaca Pedro Sánchez a través das redes sociais. Díaz enfrontarase ao actual director, o togolés Gilbert F. Houngbo, criticado polo seu achegamento a Trump. A elección terá lugar o vindeiro 16 de novembro, pero o elixido o elixida non tomaría posesión ata un ano despois, polo que Díaz continuará como ministra de Traballo e vicepresidenta segunda.