PSdeG e BNG de Lugo acusan a Candia de negarse a revelar "o custo da construción do novo despacho habilitado para a concelleira tránsfuga", a ex-socialista María Reigosa, que o pasado maio deu aos populares a alcaldía da cidade co seu apoio á moción de censura. Nun comunicado conxunto socialistas e nacionalistas denuncian o que consideran "trato denigrante, absoluta falta de respecto e deriva autoritaria" por parte da agora alcaldesa e membros do seu goberno durante dúas comisións municipais nas que formularon preguntas coma estas. "Foi incapaz de indicar o importe desta actuación, así como de aclarar se os traballos foron executados mediante medios propios do Concello ou mediante contratación externa", aseguran sobre a devandita obra.