O TSXG anula tres artigos da Ordenanza de Mobilidade Sostible da Coruña por "discriminar os VTC fronte ao taxi". En resposta a unha demanda da empresa Enol Mobility contra o Concello e unha asociación de taxistas, o alto tribunal galego considera que as normas implican "un monopolio de facto a favor do taxi" o cal "conculca a libre competencia" que marca a lei. Frea así a "prohibición total e indefinida de arrendamento de vehículos con condutor ata a aprobación dunha ordenanza específica futura" e, entre outros, o veto a operaren na zona de baixas emisións da cidade. Contra o ditame cabe recurso ante o Supremo.
- HEMEROTECA | Os coches de Uber expóñense a multas de ata 6.000 euros por operar sen autorización en Vigo e na Coruña
- HEMEROTECA | Uber desembarca en Vigo e na Coruña e abre unha fronte de conflito co sector do taxi
- HEMEROTECA | O número de taxis en Galicia segue en caída libre, sobre todo fóra das cidades