Xunta e universidades públicas anuncian un acordo sobre o novo deseño da selectividade. A reitora da USC, Rosa Crujeiras, coida que tras as achegas das tres institucións o sistema da PAU queda "máis robusto" e a participación universitaria segue a ser "moi activa" a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) que, salienta o reitor da Coruña, Ricardo Cao, mantén "un papel central, como vén tendo e debe seguir tendo", logrando unha "orde máis acaída" que a proposta inicial do Goberno. Carmen García Mateo, reitora da UVigo, coida que a nova proposta "robustece un sistema que ten demostrado a súa solvencia durante moitos anos", con "equilibrio entre garantir que os exames están cunha custodia de altas garantías e non teñan erros". Na imaxe, xuntanza deste xoves entre a Consellería e as universidades.
- HEMEROTECA | A Xunta di agora que nada impedía revisar os exames de selectividade pero non aclara por que non llo dixo á CIUG
- HEMEROTECA | As universidades ratifican que a Xunta ignora hai dous anos o seu plan para "minimizar erros" na selectividade
- HEMEROTECA | A Xunta aproveita os erros na selectividade para acelerar o plan de control da comisión que a organiza