Pedro Sánchez advirte dun "ataque" e "violación da integridade territorial" do Estado coa entrada de milleiros de persoas a Ceuta dende Marrocos. Dende a cidade norteafricana o presidente do Goberno de España anuncia máis presenza das forzas de seguridade e unha "barreira física de contención no mar para facilitar a repatriación en fronteira". Nas redes sociais, sinaladamente en X, medran as mensaxes de elementos internacionais, especialmente ligados aos EUA, con ataques ao Executivo español ao respecto mentres se confirman máis dunha trintena de persoas mortas nestes sucesos. [Imaxe: © Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa]
- AMPLIAMOS 👉 A internacional reaccionaria fai bandeira do golpe ao Goberno de España en Ceuta
- HEMEROTECA | O abandono histórico do Sáhara rexórdelle a España en Ceuta mentres Marrocos volve utilizar persoas migrantes como reféns
- HEMEROTECA | España volve deixar o pobo saharauí nas mans de Marrocos en plena mudanza do taboleiro internacional