Poetas, artistas e investigadoras reúnense arredor da figura de Syra Alonso este sábado, 8 de agosto, no marco da feira do libro da Coruña. Con motivo da publicación das Memorias completas da autora (un volume de máis de 500 páxinas ao coidado do profesor Conrado Arranz), Alvarellos Editora en colaboración coa Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, promove unha homenaxe ás 19 horas na que participarán Olivia Tudela, Beatriz Mourelle, Maruxa Boquete, Carmen Torreiro, Mª Pilar García Negro, Bea Parga, Carmela Galego, Olga Patiño e Eva Veiga, presentadas por Olga Mahía.