A primeira predición da Aemet para o día do eclipse en Galicia prevé ceos nubrados ou cubertos no litoral cantábrico e "incerteza" no resto da costa galega. A xornada, segundo esta primeira previsión especial, será sen chuvias e con vento do norte.
A primeira predición da Aemet para o día do eclipse en Galicia prevé ceos nubrados ou cubertos no litoral cantábrico e "incerteza" no resto da costa galega. A xornada, segundo esta primeira previsión especial, será sen chuvias e con vento do norte.
O caudal do río Lérez sitúase por baixo do seu límite ecolóxico e Ence deixa de consumir a súa auga temporalmente. O Concello de Pontevedra reclama á Xunta que "priorice o consumo da poboación sobre o da fábrica" e advirte que o caudal medio é inferior aos 0,7 m3/s fronte aos 1,51 m3/s requiridos no verán.
O Ministerio de Sanidade informa dun caso confirmado de Hantavirus Andes [o mesmo que afectou os pasaxeiros do cruceiro MV Hondius] que deu positivo en Francia e agora permanece illado en Galicia. "Viaxou a España xa asintomático e polo tanto xa non podía contaxiar", aclara o ministerio, que detalla que tanto os equipos do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES) como os servizos de Saúde Pública galegos están a realizar "os estudos precisos para determinar que accións tomar". Dende o ministerio explican que se trata dun turista franco-arxentino e aseguran que "temos todos os protocolos e o coñecemento ben actualizado e listo para adaptalo ás circunstancias concretas". [Na imaxe, unha vista do Hantavirus no microscopio CC-BY-SA CDC]
👉🏻HEMEROTECA | Rueda eloxia o Goberno de España pola xestión do hantavirus e da fábrica chinesa de coches
Un axente da Garda Civil nado en Ferrol asasina a súa exparella, tamén garda civil, no seu lugar de traballo en Llanes (Asturias). O ferrolán foi abatido a tiros tras fuxir do cuartel e ferir de gravidade a un tenente que tratou de auxiliar a muller. A vítima estaba rexistrada no sistema VioGén e tiña tres fillos en común co seu asasino. Con este feminicidio son 34 as mulleres asasinadas este ano no Estado español por violencia machista, 1.375 dende que hai rexistros en 2003. [📸 Imaxe de arquivo da manifestación en Santiago en 2025 como reacción ao feminicidio de Moraña © Marcha Mundial das Mulleres Galiza]
Poetas, artistas e investigadoras reúnense arredor da figura de Syra Alonso este sábado, 8 de agosto, no marco da feira do libro da Coruña. Con motivo da publicación das Memorias completas da autora (un volume de máis de 500 páxinas ao coidado do profesor Conrado Arranz), Alvarellos Editora en colaboración coa Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, promove unha homenaxe ás 19 horas na que participarán Olivia Tudela, Beatriz Mourelle, Maruxa Boquete, Carmen Torreiro, Mª Pilar García Negro, Bea Parga, Carmela Galego, Olga Patiño e Eva Veiga, presentadas por Olga Mahía.
A Xunta asume que "haberá que atender" os menores chegados de Ceuta pero pide un maior control fronteirizo. O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, acusa o Goberno de España de "non facer absolutamente nada" ante a "chegada incesante" de rapazada á cidade autónoma. O Executivo galego ábrese a acoller os cativos e cativas chegados de Ceuta en contra do criterio do PP estatal, que anunciou que as súas comunidades rexeitarían a súa chegada.
Tellado advirte do rexeitamento do PP a acoller menores de Ceuta nas comunidades onde goberna. "Que volvan por onde viñeron", di o secretario xeral do PP sobre a crise humanitaria pola entrada masiva de persoas na cidade autónoma que supuxo a morte de polo menos 141 migrantes.
O presidente do Consello Europeo, António Costa, traslada ao BNG que a columna de Mariano Rajoy durante o Mundial de fútbol masculino contiña afirmacións "inaceptables" e que "non teñen lugar nun debate público respectuoso". A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, achegáralle unha carta impulsada xunto a 22 eurodeputadas e eurodeputados condenando as verbas xenófobas e racistas empregadas polo ex presidente do Goberno en relación coa selección francesa. [📸 Costa nas celebracións da festa nacional francesa este xullo © UE]
Vigo non sería sede do Mundial 2030 segundo informa a Cadena SER, que asegura que as tres federacións organizadoras dan por feito que se recortará o número de estadios que acollerán partidos. A sede viguesa non tería "ningunha opción" de estar entre as elixidas, malia que Abel Caballero o dá por seguro, segundo os datos que achegou o programa El Larguero, que sitúa en non máis de oito as sedes que finalmente tería España.
Arquivado o caso contra Bruno Lopes Teixeiro, investigado por un suposto delito de odio derivado de diversas publicacións realizadas nas redes sociais en defensa do pobo palestino e como condena do xenocidio. O Tribunal de Instancia de Ferrol volve decretar o sobresemento da causa, reaberta tras un recurso que pode volver presentarse. Mar de Lumes celebra que a xustiza conclúa que os comentarios do seu militante "están amparados polos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e á liberdade ideolóxica". [📸 Manifestación en apoio a Bruno Lopes Teixeiro en Ferrol o 25 de xaneiro © Mar de Lumes]