Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
O Pazo de Meirás xa é Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica a resolución definitiva que así o declara, culminando un proceso iniciado hai un ano.
Falece o artista tudense Víctor Coyote aos 67 anos de idade. Músico, debuxante e realizador audiovisual, foi recoñecido co Chimpín de Prata á súa traxectoria na pasada edición do Festival de Cans. Entre as súas múltiples facetas artísticas destaca a experiencia como front man da banda Los Coyotes. É autor dos cómics Días de alarma (Salamandra Graphic, 2020), Entresijos (Autsaider, 2023) e El cóndor y la caníbal (Astiberri e Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, 2024), entre outras publicacións.
A Liga apraza o partido deste sábado entre o Celta e Osasuna tras empeorar o estado do céspede de Balaídos polas "condicións climáticas dos últimos días". Os problemas por un fungo que afecta a herba do estadio vigués empeoraron pola calor das últimas semanas e obrigaron a suspender o encontro inaugural do campionato. Xogarase finalmente o vindeiro xoves, 27 de agosto, ás 20:30 horas.
O Proxecto Xenoma permitiu detectar xa 42 persoas con variantes xenéticas de risco entre as 2.504 mostras analizadas. A metade dos positivos detectados foron por cancro de mama e ovario hereditario.
Retencións de tráfico e ringleiras de coches nas peaxes da AP-9 en dirección á Coruña e Ferrol pola eclipse. Os desprazamentos para ver o fenómeno astronómico nos lugares onde é total provocan unha elevada afluencia nas estradas, en especial no Eixo Atlántico. Na foto, imaxe da DGT na peaxe de Macenda, en Betanzos, contra as 13 horas.
Xoel López e o Deportivo presentan 'Voa', o novo himno do club. O seu vídeoclip pode verse xa desde este martes. "Voa Dépor, voa. Contra o vento, sempre voa", di o retrouso desta peza composta polo músico coruñés e que conta con varias colaboracións, entre elas as de Belém Tajes, Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane, Brais Maceiras, Xacarandaina, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou o Coro Cantabile.
A peza vén de ser estreada como un dos acontecementos pola celebración do 120º aniversario do club branquiazul, que volve este ano a Primeira División logo de oito anos fóra da elite.
Sindicatos e patronal chegan a un acordo de última hora que evita a folga na hostalaría da Coruña durante a eclipse. Un pacto de mínimos para un novo convenio, tras a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, permite desconvocar o paro previsto no sector para este 12 de agosto en toda a provincia convocado por CIG, CCCOO e UGT.
O PSdeG denuncia un ataque á súa sede en Ferrol con pintadas sobre Marrocos. O partido salienta que "máis alá de atacar ao PSOE, agochan un ideario xenófobo e racista".
El País e El Mundo revelan reticencias de Defensa e o CNI á instalación da planta de SAIC en Ferrol polo risco de espionaxe militar. Os dous principais diarios en papel estatais sinalan a proximidade á principal base da Armada no norte da península.