A Liga apraza o partido deste sábado entre o Celta e Osasuna tras empeorar o estado do céspede de Balaídos polas "condicións climáticas dos últimos días". Os problemas por un fungo que afecta a herba do estadio vigués empeoraron pola calor das últimas semanas e obrigaron a suspender o encontro inaugural do campionato. Xogarase finalmente o vindeiro xoves, 27 de agosto, ás 20:30 horas.