Moléculas en Galego explica nesta infografía a química dos xeles desinfectantes, empregados para deter a propagación de xermes e, especialmente nestes días, para evitar a transmisión do coronavirus

Moléculas en Galego explica nesta infografía a química dos xeles desinfectantes, empregados para deter a propagación de xermes e, especialmente nestes días, para evitar a transmisión do coronavirus
As familias que xa teñan axuda de comedor escolar e queiran seguilas recibindo durante o confinamento poderán solicitalas aos centros educativos. O DOG publica hoxe o procedemento e establece que “as familias que acrediten dificultades” para empregar a sede electrónica da Xunta poderán solicitar que o equipo directivo do centro o fagan por eles, para o que os centros “habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias”.
O BOE publica o Real Decreto que regula o "permiso retribuído" polo coronavirus e implica o cesamento da actividade económica non esencial. O texto inclúe unha moratoria de 24 horas para as compañías que non poidan parar de inmediato. Pódese consultar aquí e ampliamos a información neste espazo
Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.
Esta madrugada deuse por extinguido un incendio que afectou a 24 hectáreas en Vilamartín de Valdeorras. [Imaxe: @BMarroxo]
A USC co-financiará os custos de acceso a internet do seu alumnado durante o estado de alarma. Dirixido a alumnado de titulacións oficiais de grao e mestrado, a medida busca garantir o acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a actividade académica e poderá solicitarse dende o luns 30.
A cantante Andrea Pousa ofrece este domingo, ás 18.00 horas, un concerto polas redes sociais. Artistas de todo tipo, como a tomiñesa, están a empregar internet como vía de difusión cultural malia o confinamento polo coronavirus.
2,7 toneladas de cocaína intervidas nunha operación antidroga na Ría de Arousa, segundo conta Pontevedra Viva. Tras unha persecución de dúas planadoras, unha quedou encallada preto de Cambados e outra foi trasladada ao porto do Grove. [Imaxe: M.González]
A Universidade de Santiago remata a fabricación dos primeiros 1.000 botes de xel desinfectante contra o coronavirus está a fabricar para a sanidade pública. A USC está a producir 9.000 litros deste produto por encargo do Sergas.
A Ribeira Sacra será candidata á distinción como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021. A institución vén de confirmar que esta é unha das candidaturas que serán defendidas ante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial.