Anova iniciará contactos “con todas as organizacións políticas con transcendencia no espazo galego” de cara á construír "unha alternativa que derrote o Partido Popular nas vindeiras eleccións galegas". Dentro dese proceso de conversas, Martiño Noriega fixo referencia ás “plataformas cidadáns que están a resistir as políticas de Núñez Feijóo”.
