A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistraron este venres ante a Xunta a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 8 de marzo. "Este ano o 8M cadrará a domingo, unha razón máis para convocar folga e colocar no centro ás traballadoras máis precarizadas e invisibilizadas", destaca a CUT
