Arrimadas propón unha candidatura conxunta de PP e Ciudadanos en Galicia de cara ás eleccións autonómicas. "Pomos a España por diante ou do contrario pomos en risco o noso país", dixo a líder da formación laranxa.
Fálase
As organizacións e colectivos mobilizados contra a mina de Touro atribúen á "unidade de todos os sectores afectados" a cancelación do proxecto mineiro. "É unha decisión acertada", din en rolda de prensa, aínda que cren que "os posibles custos electorais" influíron tamén na postura da Xunta.
A OMS declara a emerxencia sanitaria internacional ante o risco potencial de que o coronavirus se extenda por todo o planeta. Hai xa 8.100 casos confirmados e máis de 170 mortes en China. Xulio Ríos analizou neste artigo as posibles consecuencias políticas da enfermidade no país asiático.
A CIG mobilízase arestora nas sete cidades baixo o lema Recuperar dereitos para avanzar. O máis destacado da mobilización, este venres en Praza.gal. Na imaxe (CC BY-NC-SA CIG), a protesta de Santiago.
A Xunta anuncia unha viaxe oficial de Feijóo ao Uruguai que comezará mañá mesmo e que o Goberno galego non avanzara previamente. Nun primeiro avance da axenda, o Executivo adianta que manterá encontros cos presidentes saínte e entrante do país, Tabaré Vázquez e Luis Lacalle, e visitará a Casa de Galicia e o Centro Gallego de Montevideo.
Pedro Sánchez volve contemplar o inicio da mesa de diálogo co Goberno catalán antes das eleccións anticipadas ao Parlament de Catalunya. Moncloa desbotáraa, pero vén de rectificar tras unha xuntanza entre o propio Sánchez e Gabriel Rufián, voceiro de ERC, formación coa que pactara o inicio desta negociación.
Guadi Galego recollerá o 20 de febreiro en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, que todas as autonomías plurilingües lle concederon o pasado novembro polo seu disco Immersion, que inclúe pezas en todos os idiomas da Península Ibérica
O Goberno central asina a suba do salario mínimo interprofesional a 950 euros cos sindicatos CC.OO e UGT e coa patronal CEOE. No acto para ratificar o acordo coas devanditas entidades sindicais e patronal participou o presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, xunto co vicepresidente Pablo Iglesias, a vicepresidenta Nadia Calviño e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz. (Imaxe: Fernando Calvo/Goberno de España)
Falece aos 78 anos Mauro Varela, ex-presidente da desaparecida Caixa Galicia, segundo informa El Progreso. Avogado de profesión, foi tamén deputado do PP no Parlamento e no Congreso.
O Consello da Xunta aproba o anteproxecto da lei de acción exterior de Galicia que anunciara Feijóo o pasado verán. O Goberno galego regulara esta materia por decreto tres anos antes. Neste espazo de Praza.gal, representantes das principais forzas políticas e mais o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta explicaron as súas prioridades neste ámbito.