Este 1 de febreiro o Reino Unido deixou oficialmente de formar parte da Unión Europea, 47 anos despois do seu ingreso na CEE. Comeza un período de transición, que rematará o 31 de decembro, no que se decidirán as relacións comerciais que o país manterá cos Estados da UE e as normas comunitarias que manterá e as que non. Té con gotas dedica a última entrega do seu Podcast ao futuro inmediato das relacións entre as dúas beiras do Canal da Mancha.
