O sector apícola expresa as súas dúbidas sobre a "eficacia" do novo plan da Xunta para o control da vespa velutina, xestionado pola empresa Seaga e baseado principalmente na retirada de niños. Expertos participantes no Día do Apicultor salientan que "a retirada de niños é esencial, pero hai que atopar outros sistemas"
