O Supremo levanta o último obstáculo para a exhumación de Franco e autoriza ao Goberno central a sacar xa os seus restos

O Supremo levanta o último obstáculo para a exhumación de Franco e autoriza ao Goberno central a sacar xa os seus restos
Olga Tokarczuk e Peter Handke, premios Nobel de Literatura. A autora e psicóloga polaca recibe o galardón correspondente a 2018 e o dramaturgo austríaco, o que tocaría este ano.
Quince anpas da Coruña mobilízanse ante a sede da Xunta contra os recortes en persoal de apoio para alumnado con diversidade en varios colexios da cidade, entre eles o central Labaca. Foto: Marea Atlántica
Morre un traballador ao quedar atrapado nunha máquina da papeleira de Brandia, en Santiago. Galicia é a comunidade con máis accidentes mortais por traballador e no que levamos de 2019 os indicadores de sinistralidade están a empeorar.
A Facultade de Ciencias Políticas de Santiago acolle esta tarde, ás 19 horas, unha conferencia sobre a historia da acción exterior de Galicia da man do director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), Daniel González Palau. A charla coincide co 28 aniversario da entidade e co proceso de elaboración da Lei Galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento.
O Supremo rebaixa as penas aos mozos de Altsasu e retira o agravante de discriminación que aplicara a Audiencia Naconal. O tribunal condena os oito acusados a entre 1 ano e 6 meses e 9 anos e 6 meses de cadea. Os implicados levan máis de mil días no cárcere.
O Parlamento de Galicia cumpre este xoves 30 anos da inauguración do Pazo do Hórreo como a súa sede lembrando a súa historia aos visitantes. Recuperamos aquí unha ducia de momentos históricos da institución.
Marful regresa aos escenarios logo de seis anos xunto a Sabela Ramil. Será o vindeiro 30 de novembro no Culturgal.
Falece o poeta Manuel Álvarez Torneiro aos 87 anos. O autor recibiu en 2013 o Premio Nacional de Poesía, sendo o primeiro en recibir este galardón por unha obra en galego, Os ángulos da brasa. Falabamos daquela con el nesta entrevista.
Verónica Boquete e Ana Peleteiro denuncian a organización de grandes eventos deportivos en países "onde non hai dereitos humanos". A futbolista censura que a Supercopa de España se celebre en Arabia Saudita porque supón "premiar o agresor" e a atleta relata un episodio machista en Qatar, durante o último Mundial de atletismo. "Non repetirei", di.