A Facultade de Ciencias Políticas de Santiago acolle esta tarde, ás 19 horas, unha conferencia sobre a historia da acción exterior de Galicia da man do director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), Daniel González Palau. A charla coincide co 28 aniversario da entidade e co proceso de elaboración da Lei Galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento.
