O Pleno do Concello de Vigo aproba inicialmente a urbanización do Barrio do Cura, 23.000 metros cadrados xunto ao Casco Vello. A aprobación inicial da modificación do plan de urbanismo foi apoiada por PSOE e PP, coa abstención de BNG e o voto en contra de Marea de Vigo. A Xunta condicionou as actuacións por afectar ao patrimonio do barrio histórico.
