O Parlamento de Galicia cumpre este xoves 30 anos da inauguración do Pazo do Hórreo como a súa sede lembrando a súa historia aos visitantes. Recuperamos aquí unha ducia de momentos históricos da institución.

O Parlamento de Galicia cumpre este xoves 30 anos da inauguración do Pazo do Hórreo como a súa sede lembrando a súa historia aos visitantes. Recuperamos aquí unha ducia de momentos históricos da institución.
Marful regresa aos escenarios logo de seis anos xunto a Sabela Ramil. Será o vindeiro 30 de novembro no Culturgal.
Falece o poeta Manuel Álvarez Torneiro aos 87 anos. O autor recibiu en 2013 o Premio Nacional de Poesía, sendo o primeiro en recibir este galardón por unha obra en galego, Os ángulos da brasa. Falabamos daquela con el nesta entrevista.
Verónica Boquete e Ana Peleteiro denuncian a organización de grandes eventos deportivos en países "onde non hai dereitos humanos". A futbolista censura que a Supercopa de España se celebre en Arabia Saudita porque supón "premiar o agresor" e a atleta relata un episodio machista en Qatar, durante o último Mundial de atletismo. "Non repetirei", di.
O Pleno do Concello de Vigo aproba inicialmente a urbanización do Barrio do Cura, 23.000 metros cadrados xunto ao Casco Vello. A aprobación inicial da modificación do plan de urbanismo foi apoiada por PSOE e PP, coa abstención de BNG e o voto en contra de Marea de Vigo. A Xunta condicionou as actuacións por afectar ao patrimonio do barrio histórico.
Unha concentración solidarízase ante os xulgados de Ferrol co persoal de Alcoa e representantes sindicais acusados de "atentado á autoridade" nunha manifestación ante o Congreso dos Deputados. Este martes declararon Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia, e dous traballadores da antiga Alcoa.
O presidente de Portugal inicia as audiencias cos partidos políticos tras as eleccións lexislativas para propoñer xa o socialista António Costa como candidato a primeiro ministro tras a súa vitoria. O PS prevé iniciar mañá os contactos con outras formacións da esquerda.
Iberdrola contratou o ex-comisario Villarejo, investigado por prácticas corruptas, para investigar o xuíz que lle freaba unha central térmica e infiltrarse nun colectivo ecoloxista que se opuña á factoría, segundo publica este martes El Confidencial
ENQUISA | O PSOE perdería cinco escanos nas xerais do 10N mentres o PP recuperaría máis dunha trintena e rozaría os 100. Pedro Sánchez seguiría precisando de pactos para gobernar, segundo o inquérito de Celeste-Tel para eldiario.es
Luís Cesar Sampedro, novo adestrador do primeiro equipo masculino do Deportivo da Coruña en substitución de Juan Antonio Anquela.