Verónica Boquete e Ana Peleteiro denuncian a organización de grandes eventos deportivos en países "onde non hai dereitos humanos". A futbolista censura que a Supercopa de España se celebre en Arabia Saudita porque supón "premiar o agresor" e a atleta relata un episodio machista en Qatar, durante o último Mundial de atletismo. "Non repetirei", di.
