12X | Unha enquisa de NC Report para La Razón sitúa o PP entre 1 e 2 escanos por riba dos 38 da maioría absoluta, con 39 ou 40 -agora ten 41-. O PSdeG sería segunda forza con entre 18 e 19 -hai catro anos quedou en 14- e o BNG, como terceira forza e grupo que máis medraría, con 11 -agora ten 6-. A cuarta forza do Parlamento sería Galicia en Común con 6 escanos, segundo este inquérito. A esquerda precisaría tres escanos máis para formar un Executivo alternativo.
Fálase
O BNG pide á Xunta Electoral que interveña para evitar que Feijóo "utilice" a TVG e a Radio Galega "na súa precampaña". A portavoz do Bloque, Ana Pontón, esixe "garantías sanitarias e democráticas" de cara ao 12X. O persoal da CRTVG xa advertiu da "manipulación informativa" en favor do PP durante a pandemia.
Feijóo pide ao Goberno central que non haxa máis prórrogas do estado de alarma en Galicia porque "as cousas van indo ben". Sánchez pediulle "cautela", segundo informa eldiario.es.
O BNG repite listas para o 12X e Ana Pontón mantén a súa "ilusión de ser a primeira muller presidenta" da Xunta.
A Xunta reclamou este venres ao Goberno central mobilidade entre provincias nos concellos limítrofes, para visitar familiares e para ir ás segundas residencias. Asegurouno o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que espera unha resposta "nun BOE extraordinario nas vindeiras horas".
O BOE publica a prórroga do estado de alarma ata o 7 de xuño, que establece que as comunidades en fase 2, como Galicia, poderán retomar as clases presenciais no ensino, agás nas universidades. O decreto reinicia os prazos administrativos o 1 de xuño e os procesuais o 4 do mesmo mes pero mantén os límites provinciais de mobilidade.
Feijóo asegura que a Xunta non tivo "ánimo" de que os concellos "implementen" o seu sistema de cita previa nas praias. Tras o forte rexeitamento dos municipios a esta iniciativa, que a Xunta presentou como posible medida fronte ao coronavirus, subliña que en realidade o Goberno galego non ten competencias ao respecto, porque son "exclusivas" do Estado e dos concellos.
Toda Galicia pasa á fase 2 do desconfinamento. Así o vén de confirmar o ministro de Sanidade, Salvador Illa. Ampliamos a información neste espazo
Xa se pode escoitar o programa 1 de A Tribo Radio, dedicado á Renda Básica Universal, con máis dunha ducia de entrevistas. Inclúe tamén contidos sobre Carvalho Calero, as galegas emigradas e un gran número de cancións de bandas e artistas galegas. Hai dúas semanas entrevistamos a Xosé Bocixa e Verónica Álvarez, que nos falaron sobre o proxecto.
A RAG vén de incorporar ao seu dicionario palabras como 'desconfinamento', 'desescalada', 'teletraballo', 'webinario', 'infodemia', 'resiliente' ou a propia 'coronavirus', termos todos moi empregados durante a actual pandemia. A Academia inclúe tamén a voz 'covid-19', que se pode escribir con maiúsculas ou minúsculas ou só con maiúscula inicial, e sempre en feminino.