O BNG repite listas para o 12X e Ana Pontón mantén a súa "ilusión de ser a primeira muller presidenta" da Xunta.
Fálase
A Xunta reclamou este venres ao Goberno central mobilidade entre provincias nos concellos limítrofes, para visitar familiares e para ir ás segundas residencias. Asegurouno o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que espera unha resposta "nun BOE extraordinario nas vindeiras horas".
O BOE publica a prórroga do estado de alarma ata o 7 de xuño, que establece que as comunidades en fase 2, como Galicia, poderán retomar as clases presenciais no ensino, agás nas universidades. O decreto reinicia os prazos administrativos o 1 de xuño e os procesuais o 4 do mesmo mes pero mantén os límites provinciais de mobilidade.
Feijóo asegura que a Xunta non tivo "ánimo" de que os concellos "implementen" o seu sistema de cita previa nas praias. Tras o forte rexeitamento dos municipios a esta iniciativa, que a Xunta presentou como posible medida fronte ao coronavirus, subliña que en realidade o Goberno galego non ten competencias ao respecto, porque son "exclusivas" do Estado e dos concellos.
Toda Galicia pasa á fase 2 do desconfinamento. Así o vén de confirmar o ministro de Sanidade, Salvador Illa. Ampliamos a información neste espazo
Xa se pode escoitar o programa 1 de A Tribo Radio, dedicado á Renda Básica Universal, con máis dunha ducia de entrevistas. Inclúe tamén contidos sobre Carvalho Calero, as galegas emigradas e un gran número de cancións de bandas e artistas galegas. Hai dúas semanas entrevistamos a Xosé Bocixa e Verónica Álvarez, que nos falaron sobre o proxecto.
A RAG vén de incorporar ao seu dicionario palabras como 'desconfinamento', 'desescalada', 'teletraballo', 'webinario', 'infodemia', 'resiliente' ou a propia 'coronavirus', termos todos moi empregados durante a actual pandemia. A Academia inclúe tamén a voz 'covid-19', que se pode escribir con maiúsculas ou minúsculas ou só con maiúscula inicial, e sempre en feminino.
A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas ao alugueiro polo coronavirus creadas hai mes e medio polo Goberno central. Financiarase con 5,7 millóns de euros estatais transferidos hai máis dunha semana polo ministerio e 2,2 do plan de vivenda xeral que a Xunta aínda non comprometera. O DOG tamén publica hoxe a regulación da reapertura dos mercados de gando e das actividades de roza de terreos anunciada pola Xunta o pasado sábado.
A patronal galega, sen presidente desde hai máis de dous anos, asegura que o acordo para derrogar a reforma laboral "destrúe" o diálogo social e advirte de que causará "perdas" na economía. O empresariado galego afronta a crise do coronavirus cunha patronal esfarelada pero belixerante coas medidas do Goberno central.
Xan Castaño (BNG), alcalde de Catoira, presenta a súa dimisión antes do inicio do pleno da moción de censura contra el, presentada polo PP e un grupo de edís do PSdeG-PSOE. Castaño buscaba con este movemento facilitar as negociacións cos concelleiros socialistas para que a localidade siga tendo un goberno progresista. Finalmente, a moción de censura non sae adiante ao non presentarse varios dos edís que a presentaban.