Feijóo pide ao Goberno central que non haxa máis prórrogas do estado de alarma en Galicia porque "as cousas van indo ben". Sánchez pediulle "cautela", segundo informa eldiario.es.

Feijóo pide ao Goberno central que non haxa máis prórrogas do estado de alarma en Galicia porque "as cousas van indo ben". Sánchez pediulle "cautela", segundo informa eldiario.es.
O BNG repite listas para o 12X e Ana Pontón mantén a súa "ilusión de ser a primeira muller presidenta" da Xunta.
A Xunta reclamou este venres ao Goberno central mobilidade entre provincias nos concellos limítrofes, para visitar familiares e para ir ás segundas residencias. Asegurouno o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que espera unha resposta "nun BOE extraordinario nas vindeiras horas".
O BOE publica a prórroga do estado de alarma ata o 7 de xuño, que establece que as comunidades en fase 2, como Galicia, poderán retomar as clases presenciais no ensino, agás nas universidades. O decreto reinicia os prazos administrativos o 1 de xuño e os procesuais o 4 do mesmo mes pero mantén os límites provinciais de mobilidade.
Feijóo asegura que a Xunta non tivo "ánimo" de que os concellos "implementen" o seu sistema de cita previa nas praias. Tras o forte rexeitamento dos municipios a esta iniciativa, que a Xunta presentou como posible medida fronte ao coronavirus, subliña que en realidade o Goberno galego non ten competencias ao respecto, porque son "exclusivas" do Estado e dos concellos.
Toda Galicia pasa á fase 2 do desconfinamento. Así o vén de confirmar o ministro de Sanidade, Salvador Illa. Ampliamos a información neste espazo
Xa se pode escoitar o programa 1 de A Tribo Radio, dedicado á Renda Básica Universal, con máis dunha ducia de entrevistas. Inclúe tamén contidos sobre Carvalho Calero, as galegas emigradas e un gran número de cancións de bandas e artistas galegas. Hai dúas semanas entrevistamos a Xosé Bocixa e Verónica Álvarez, que nos falaron sobre o proxecto.
A RAG vén de incorporar ao seu dicionario palabras como 'desconfinamento', 'desescalada', 'teletraballo', 'webinario', 'infodemia', 'resiliente' ou a propia 'coronavirus', termos todos moi empregados durante a actual pandemia. A Academia inclúe tamén a voz 'covid-19', que se pode escribir con maiúsculas ou minúsculas ou só con maiúscula inicial, e sempre en feminino.
A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas ao alugueiro polo coronavirus creadas hai mes e medio polo Goberno central. Financiarase con 5,7 millóns de euros estatais transferidos hai máis dunha semana polo ministerio e 2,2 do plan de vivenda xeral que a Xunta aínda non comprometera. O DOG tamén publica hoxe a regulación da reapertura dos mercados de gando e das actividades de roza de terreos anunciada pola Xunta o pasado sábado.
A patronal galega, sen presidente desde hai máis de dous anos, asegura que o acordo para derrogar a reforma laboral "destrúe" o diálogo social e advirte de que causará "perdas" na economía. O empresariado galego afronta a crise do coronavirus cunha patronal esfarelada pero belixerante coas medidas do Goberno central.