As baixas por illamento a causa do coronavirus serán consideradas accidente laboral dende mañá. Civio explica os detalles do decreto publicado este mércores no BOE con estas e outras medidas, como as relativas ao subministro de material sanitario.
Fálase
O Sergas confirma 27 casos de coronavirus en Galicia e outros 3, "pendentes de confirmación". Ampliamos a información das novas medidas de prevención anunciadas por Sanidade neste espazo de Praza.gal
A Federación Galega de Fútbol confirma que, seguindo as recomendacións sanitarias contra o coronavirus, "todas as competicións e eventos profesionais e non profesionais, xogaranse tamén en Galicia a porta pechada ata novo aviso". Nesta ligazón, lista completa das categorías atinxidas
A Liga de Fútbol Profesional anuncia que os partidos de, cando menos, as dúas vindeiras xornadas de Primeira e Segunda serán disputados a porta pechada para previr o coronavirus. No caso dos estadios galegos nestas categorías, a medida atinxe ao Celta-Villareal previsto para o vindeiro día 14 en Balaídos, ao Deportivo-Sporting do mesmo día en Riazor e ao Lugo-Zaragoza do día 22 no Anxo Carro. (Imaxe: RC Celta)
5A | A Xunta Electoral apercibe o PSdeG tras unha denuncia do PP por contratar publicidade que considera "propaganda electoral" fóra da campaña do 5A. Os populares denunciaron unha inserción publicitaria dos socialistas incluída en Praza.gal relativa ao apoio do PSdeG ás reivindicacións do 8M. O mesmo anuncio tamén fora incluído noutros medios. A autoridade electoral considerou que transgredía as limitacións da lei electoral por aspectos como figurar nel a imaxe do candidato do partido, Gonzalo Caballero, e ordenou retirala con data deste 9 de marzo, día no que concluía.
Hospitais do norte de Portugal suspenden as visitas e universidades como as do Porto e do Minho cancelan clases para previr o coronavirus. O Jornal de Notícias resume algunha das principais restricións que xa se aplican no país veciño.
Gciencia explica a razóns polas que lavar as mans con auga e xabrón é eficaz para combater axentes infecciosos como o coronavirus. Este vídeo do Sergas explica as principais medidas de prevención e actuación ante a doenza.
5A | O DOG publica este martes as candidaturas proclamadas para as eleccións galegas. Máis de medio cento de listas optan aos escanos do Parlamento na undécima lexislatura galega.
O impacto do coronavirus e do devalo do prezo do petróleo provoca fortes caídas nas bolsas internacionais no inicio da semana. No inicio da xornada, a caída do Ibex rolda o 7%.
ENQUISA | O PP perdería entre 1 e 3 escanos o 5A, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo que, como a de GAD3 para ABC, sitúa os populares entre unha cómoda maioría absoluta e o límite da perda do Goberno. Esta sondaxe prognostica que o PSdeG podería gañar ata 7 escanos (19-21) e o BNG, entre 6 e 7 (12-13). O novo Parlamento pecharíao Galicia en Común con entre 3 e 5 escanos.