Gciencia explica a razóns polas que lavar as mans con auga e xabrón é eficaz para combater axentes infecciosos como o coronavirus. Este vídeo do Sergas explica as principais medidas de prevención e actuación ante a doenza.
Fálase
5A | O DOG publica este martes as candidaturas proclamadas para as eleccións galegas. Máis de medio cento de listas optan aos escanos do Parlamento na undécima lexislatura galega.
O impacto do coronavirus e do devalo do prezo do petróleo provoca fortes caídas nas bolsas internacionais no inicio da semana. No inicio da xornada, a caída do Ibex rolda o 7%.
ENQUISA | O PP perdería entre 1 e 3 escanos o 5A, segundo unha enquisa de Sigma Dos para El Mundo que, como a de GAD3 para ABC, sitúa os populares entre unha cómoda maioría absoluta e o límite da perda do Goberno. Esta sondaxe prognostica que o PSdeG podería gañar ata 7 escanos (19-21) e o BNG, entre 6 e 7 (12-13). O novo Parlamento pecharíao Galicia en Común con entre 3 e 5 escanos.
ENQUISA | O PP móvese entre unha folgada maioría absoluta e o bordo de perder o Goberno, segundo unha enquisa de GAD3 para ABC que sitúa os populares entre 38 e 40 escanos. O inquérito augura fortes subas do PSdeG, con ata 6 escanos máis, e sobre todo do BNG, cun incremento de ata 8 escanos. Galicia en Común -á que GAD3 identifica como Común da Esquerda- sería cuarta forza con 3 ou 4 escanos, segundo a enquisa.
Comeza arestora na Coruña unha das principais manifestacións do 8M en Galicia, que descorrerá desde o Obelisco ata a Praza das Cigarreiras. Consulta aquí todos os actos do día.
Malestar sindical pola reunión este sábado da Xunta coa patronal pero non con representantes dos traballadores para trasladar “recomendacións sobre o coronavirus”. O xoves o propio Feijóo afeaba ao Ministerio de Traballo que emitise as súas propias recomendacións e pedía que fose o de Sanidade o que concentrase todas as actuacións. Ampliamos aquí os últimos datos sobre o coronavirus.
As 167 cartas que se enviaron Otero Pedrayo e Carvalho Calero estarán dispoñibles en internet. A Fundación Otero Pedrayo e o Consello da Cultura Galega colaboran para facilitar o acceso ás 85 misivas de Otero Pedrayo depositadas no Parlamento de Galicia e as 82 de Carvalho Calero na Fundación Penzol. Hai unhas semanas presentouse a programación do Ano Carvalho Calero.
Cuarto caso de coronavirus en Galicia, do fillo menor de idade da parella xa diagnosticada en Vigo. Os casos confirmados e as recuperacións acreditadas por todo o mundo pódense consultar neste mapa interactivo.
Os falecementos de persoas con gripe elévanse a 68 en Galicia no que vai de tempada "27 deles por gripe", segundo os datos actualizados polo Sergas. Dende o inicio da tempada, no outono, "declaráronse 1.512 ingresos con gripe confirmada" dos cales "1.180 xa foron dados de alta", sinala Saúde Pública. De entre as persoas falecidas, "64 tiñan indicada a vacina e 37 non estaban vacinados", informa Sanidade, que detecta ademais un incremento das consultas "pola situación actual de preocupación" ligada ao coronavirus.