Os falecementos de persoas con gripe elévanse a 68 en Galicia no que vai de tempada "27 deles por gripe", segundo os datos actualizados polo Sergas. Dende o inicio da tempada, no outono, "declaráronse 1.512 ingresos con gripe confirmada" dos cales "1.180 xa foron dados de alta", sinala Saúde Pública. De entre as persoas falecidas, "64 tiñan indicada a vacina e 37 non estaban vacinados", informa Sanidade, que detecta ademais un incremento das consultas "pola situación actual de preocupación" ligada ao coronavirus.
