O "símbolo da muller máis grande do mundo segado en herba" para secundar o 8M dende Xanceda. "No rural é difícil encher rúas e aldeas polo 8M e pensamos esta forma visual de unirnos á reivindicación", explican dende a Casa Grande de Xanceda, cuxas responsables destacan o desexo de "que se vexa que no rural tamén nos manifestamos a prol dos dereitos das mulleres".
Fálase
O ex-xuíz Baltasar Garzón será o avogado en España de Emilio Lozoya, o ex-director xeral de Pemex acusado de corrupción que apadriñou os negocios da petroleira coa Xunta. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía Anticorrupción pide datos a Suíza sobre 100 millóns de euros presuntamente recibidos polo rei emérito Juan Carlos I de Arabia Saudita. É unha información de eldiario.es
A Xunta Electoral ordena a retirada dunha campaña do Goberno galego denunciada polo BNG pola súa similitude co lema de precampaña do PP. É unha información de María Pampín en eldiario.es
As promotoras da Gala do Libro Galego anuncian as obras e persoas candidatas aos seus premios deste ano. Entre as candidatas na categoría de xornalismo cultural figura María Yáñez, directora de VINTE, en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
Confirmado o primeiro caso de coronavirus en Galicia, dun paciente procedente de Madrid que está illado no hospital da Coruña. O conselleiro de Sanidade comparece esta tarde ante os medios de comunicación. Aquí toda a información, que iremos ampliando ao longo da tarde en Praza.gal.
O próximo luns remata o prazo para solicitar o voto accesible para persoas con discapacidade visual. As solicitudes para o voto por correo poden realizarse ata o 26 de marzo.
O Supermartes relanza a Joe Biden cara á batalla final fronte a Bernie Sanders pola candidatura do Partido Demócrata á Presidencia dos Estados Unidos. Biden é o preferido polos sectores máis moderados do partido.
O TSXG avala a adxudicación provisional a dedo das liñas de bus decidida pola Xunta en 2017 mentres remataba a tramitación dos concursos actualmente en marcha para remodelar o servizo en toda Galicia. Tras anular o Tribunal Supremo a prórroga de concesións impulsada en 2009 polo PP, estourou un conflito entre Goberno galego, que decidiu unir as liñas escolares e as regulares para aforrar, e as empresas, que renunciaron a seguir prestando o servizo como xeito de presión e recorreron á xustiza. Agora o TSXG avala aquela decisión da Xunta, superada na práctica polos novos concurso públicos que están a ser adxudicados.
O Goberno central recorre a condena da Audiencia Nacional que o obriga a indemnizar á familia de José Couso por abandonala fronte aos Estados Unidos. A sentenza estableceu que a muller e os fillos do cámara galego sufriran “omisión de protección diplomática” e outorgoulles unha indemnización de 182.000 euros á que agora se opón o Executivo.