ENQUISA | O PP, ao bordo de perder o Goberno galego ou de poder retelo mediante un pacto con Vox, que pode ter un escano. É o que indica unha enquisa de NC Report para La Razón, que augura un ascenso de entre 6 e 7 escanos para o PSdeG e de 5 para o BNG. Galicia en Común sería cuarta forza con 6 escanos.
Fálase
Hospitalizado un concelleiro do BNG de Caldas tras sufrir unha agresión a mans, segundo afirma a formación, "dun empresario da comarca logo de denunciar actuacións contra o medio ambiente con verteduras ilegais no monte do Saiar". Manuel Fariña prevé denunciar os feitos ante a Garda Civil en canto sexa dado de alta. Pontevedra Viva informa das verteduras sinaladas polo concelleiro agora agredido. Na imaxe, Fariña visitado no hospital por Luís Bará e Eva Vilaverde.
Co gallo do 8M, A banda da Loba vén de publicar o videoclip de "Morra o conto", tema incluído no seu último álbum e inspirado nun poema de Andrea Nunes Brións. Nel colaboran oito artistas galegas de distintos xéneros: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw.
O "símbolo da muller máis grande do mundo segado en herba" para secundar o 8M dende Xanceda. "No rural é difícil encher rúas e aldeas polo 8M e pensamos esta forma visual de unirnos á reivindicación", explican dende a Casa Grande de Xanceda, cuxas responsables destacan o desexo de "que se vexa que no rural tamén nos manifestamos a prol dos dereitos das mulleres".
O ex-xuíz Baltasar Garzón será o avogado en España de Emilio Lozoya, o ex-director xeral de Pemex acusado de corrupción que apadriñou os negocios da petroleira coa Xunta. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía Anticorrupción pide datos a Suíza sobre 100 millóns de euros presuntamente recibidos polo rei emérito Juan Carlos I de Arabia Saudita. É unha información de eldiario.es
A Xunta Electoral ordena a retirada dunha campaña do Goberno galego denunciada polo BNG pola súa similitude co lema de precampaña do PP. É unha información de María Pampín en eldiario.es
As promotoras da Gala do Libro Galego anuncian as obras e persoas candidatas aos seus premios deste ano. Entre as candidatas na categoría de xornalismo cultural figura María Yáñez, directora de VINTE, en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
Confirmado o primeiro caso de coronavirus en Galicia, dun paciente procedente de Madrid que está illado no hospital da Coruña. O conselleiro de Sanidade comparece esta tarde ante os medios de comunicación. Aquí toda a información, que iremos ampliando ao longo da tarde en Praza.gal.
O próximo luns remata o prazo para solicitar o voto accesible para persoas con discapacidade visual. As solicitudes para o voto por correo poden realizarse ata o 26 de marzo.