Comeza arestora na Coruña unha das principais manifestacións do 8M en Galicia, que descorrerá desde o Obelisco ata a Praza das Cigarreiras. Consulta aquí todos os actos do día.
Fálase
Malestar sindical pola reunión este sábado da Xunta coa patronal pero non con representantes dos traballadores para trasladar “recomendacións sobre o coronavirus”. O xoves o propio Feijóo afeaba ao Ministerio de Traballo que emitise as súas propias recomendacións e pedía que fose o de Sanidade o que concentrase todas as actuacións. Ampliamos aquí os últimos datos sobre o coronavirus.
As 167 cartas que se enviaron Otero Pedrayo e Carvalho Calero estarán dispoñibles en internet. A Fundación Otero Pedrayo e o Consello da Cultura Galega colaboran para facilitar o acceso ás 85 misivas de Otero Pedrayo depositadas no Parlamento de Galicia e as 82 de Carvalho Calero na Fundación Penzol. Hai unhas semanas presentouse a programación do Ano Carvalho Calero.
Cuarto caso de coronavirus en Galicia, do fillo menor de idade da parella xa diagnosticada en Vigo. Os casos confirmados e as recuperacións acreditadas por todo o mundo pódense consultar neste mapa interactivo.
Os falecementos de persoas con gripe elévanse a 68 en Galicia no que vai de tempada "27 deles por gripe", segundo os datos actualizados polo Sergas. Dende o inicio da tempada, no outono, "declaráronse 1.512 ingresos con gripe confirmada" dos cales "1.180 xa foron dados de alta", sinala Saúde Pública. De entre as persoas falecidas, "64 tiñan indicada a vacina e 37 non estaban vacinados", informa Sanidade, que detecta ademais un incremento das consultas "pola situación actual de preocupación" ligada ao coronavirus.
O xornalista Jordi Évole anuncia a próxima emisión dunha entrevista con Marcial Dorado na súa serie de programas en laSexta con persoas encarceradas. Dorado, que cumpre condena por delitos de branqueo ligados ao narcotráfico, saltou ao primeiro plano da política galega cando, no ano 2013, o xornal El País informou da relación de amizade que mantivo con Alberto Núñez Feijóo nos anos 90, cando o actual presidente dirixía o Sergas.
O Son do Camiño anuncia o seu cartel da nova edición do 2020. The National, The Chemical Brothers, Liam Gallagher, Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López, Guadi Galego ou Budiño, entre as bandas e artista que participarán no festival do 18 ao 20 de xuño.
Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana repasan a súa etapa de Goberno e as posibilidades de cambio político en Galicia nunha entrevista conxunta con eldiario.es. "O cambio estará axustado pero é posible", din
ENQUISA | O PP, ao bordo de perder o Goberno galego ou de poder retelo mediante un pacto con Vox, que pode ter un escano. É o que indica unha enquisa de NC Report para La Razón, que augura un ascenso de entre 6 e 7 escanos para o PSdeG e de 5 para o BNG. Galicia en Común sería cuarta forza con 6 escanos.
Hospitalizado un concelleiro do BNG de Caldas tras sufrir unha agresión a mans, segundo afirma a formación, "dun empresario da comarca logo de denunciar actuacións contra o medio ambiente con verteduras ilegais no monte do Saiar". Manuel Fariña prevé denunciar os feitos ante a Garda Civil en canto sexa dado de alta. Pontevedra Viva informa das verteduras sinaladas polo concelleiro agora agredido. Na imaxe, Fariña visitado no hospital por Luís Bará e Eva Vilaverde.