Dende as súas casas, estudantes de Medicina da USC gravaron un vídeo de apoio ao persoal do Sergas, destacando que "a poboación galega estamos en moi boas mans" e que "temos un gran sistema sanitario, público e universal". "Sodes as nosas heroínas e heroes", conclúen
Fálase
O Ministerio de Sanidade pon "ás ordes" do Sergas "todas as instalacións da sanidade privada" para facer fronte ao coronavirus. É unha das medidas que vén de anunciar o titular do Ministerio, Salvador Illa, que dá esta indicación a todas as consellerías de Sanidade de todas as autonomías. Ampliamos a información neste espazo
Pechada a fronteira con Portugal para viaxes de turismo e lecer polo coronavirus. Os gobernos de Pedro Sánchez e António Costa acordan manter o tránsito de mercadorías e por motivos laborais.
O rei Felipe VI anuncia que renuncia á herdanza do seu pai, Juan Carlos de Borbón, e retíralle a súa asignación de fondos públicos. A Casa Real anunciou esta decisión tras publicar o xornal The Telegraph que o actual Xefe do Estado é beneficiario dunha fundación que recibiu unha presunta 'doazón' de 100 milóns de euros de Arabia Saudita ao pai. No mesmo comunicado, a Casa Real asegura que o actual rei "descoñece" eses feitos. (Imaxe: Casa Real). Ampliamos a información neste espazo
O Concello da Coruña "prega á poboación que non ocupe prazas de estacionamento nas zonas sanitarias da cidade. Son moi necesarias nestes momentos", indica o consistorio nunha nota á que solicita dar a maior difusión posible no marco da crise do coronavirus.
A neurobióloga Sonia Villapol explica neste artigo por que o coronavirus covid-19 é peor que a gripe e a importancia das medidas para frear os contaxios. GCiencia publica a versión en galego deste texto.
A Xunta anuncia horario ilimitado de apertura para os supermercados durante a crise do coronavirus. Inicialmente, para 14 días, como as demais medidas. O DOG publica esta noite modificacións das medidas anunciadas o venres polo Goberno galego, avanzadas por Feijóo aos medios. Todos os detalles, este domingo en Praza.gal
Diversas localidades galegas súmanse ao aplauso dende as casas ao persoal da sanidade pública polo seu labor na crise do coronavirus, unha iniciativa impulsada dende as redes sociais nas últimas horas. Nas imaxes, a contorna de Labañou e os 'Rosales', na Coruña.
O Concello de Sanxenxo pecha as praias do municipio ante a gran afluencia de visitantes dos últimos días ao fío da crise do coronavirus. Recólleo Pontevedra Viva.
Falece en Vigo unha muller nonaxenaria que permanecía hospitalizada "con múltiples patoloxías" e afectada polo coronavirus, confirma a Xunta. Neste espazo actualizamos, con información do Sergas, os datos de persoas afectadas pola doenza en Galicia