Os traballos de restauración do mosteiro monfortino de San Vicente do Pino sacan á luz "pinturas murais inéditas, en bo estado de conservación e de grande interese histórico e documental". Entre os motivos das pinturas achadas destaca unha imaxe de Cristo, destaca o Ministerio de Cultura nun comunicado, que lembra que esta restauración é parte do Programa Xacobeo de conservación de bens culturais, no que tamén participan a Fundación Catedral de Santiago e a Xunta. Poder ver a imaxe con maior resolución nesta ligazón
