O Goberno de Rajoy gastou medio millón de euros de fondos reservados para protexer o PP no caso da caixa B, segundo informa a Cadena SER, que cita documentación secreta. Entre as accións financiadas, indica, estivo presuntamente a espionaxe a Luis Bárcenas ou destrución de probas.
