O líder laborista británico, Jeremy Corbyn, aposta por un novo referendo a respecto do "acordo ou a ausencia del" sobre o Brexit. Nese caso, advirte, o Partido Laborista defenderá ficar na UE se non hai acordo ou se os Conservadores chegan a un pacto que "non protexa a economía e o emprego" no Reino Unido.
Fálase
Publicada a orde de subvencións da Xunta para mercar coches anunciada a pasada semana por Feijóo. Ten un orzamento de 1,1 millóns e a achega da Xunta é de 500 ou 700 euros. O Goberno galego, así e todo, fala dun investimento de "40 millóns" ao sumar os fondos que se "mobilizarán" para mercar estes automóbiles.
Movementos feministas de diversas localidades galegas sumáronse este luns ás mobilizacións en apoio á vítima dunha violación múltiple na localidade catalá de Manresa. Os feitos están a ser xulgados nestes días. (Imaxe: PFG)
As intensas treboadas provocaron este luns asolagamentos e múltiples incidentes en varias localidades da provincia de Ourense, especialmente en parroquias como Infesta, Albarellos e Vilaza, no Concello de Monterrei. (Imaxe: Protección Civil de Verín)
O pleno da Coruña aproba a organización do Concello para o novo mandato e a creación de tres comisións especiais sobre o bordo litoral, Cidade das TIC e servizos compartidos na área metropolitana. A organización municipal recibiu o visto e prace por unanimidade agás no que atinxe ao persoal eventual, punto no que se abstivo a Marea Atlántica
Pedro Sánchez designa un equipo do PSOE para negociar con Unidas Podemos cara á investidura prevista para dentro de dúas semanas. Os socialistas presentarán un documento "base" con medidas en materia económica e social e desbotan a posibilidade dun Executivo de coalición. (Imaxe: PSOE)
Dimite a concelleira de Seguridade e Comercio de Ourense, Ana Isabel Rebanales (DO), menos de dúas semanas despois de asumir o cargo no goberno bipartito que encabeza Gonzalo Pérez Jácome xunto ao PP. Segundo sinala Democracia Ourensana, o cesamento débese a "discrepancias de estratexia profesional" sobre a "concellería que dirixía". Recólleo a edición ourensá do Faro de Vigo. Na imaxe, divulgada por DO, Rebanales -segunda pola esquerda- o día da constitución da corporación.
Acordo de goberno en Sada entre Sadamaioría, BNG e Alternativa dos Veciños. O alcalde, Benito Portela, e as voceiras do Bloque e Alternativa, Isabel Reimúndez e María Nogareda, presentan este luns o pacto que, resaltan, garante "un goberno municipal sólido e estable" neste mandato. As tres formacións suman 10 edís, un por riba da maioría absoluta.
O Resurrection Fest de Viveiro finaliza con 102.053 asistentes e deixando imaxes para a historia do festival, como a dun asistente en cadeira de rodas a 'voar' sobre o público durante un dos concertos do venres. A edición do 2020 celebrarase do 1 ao 4 de xullo (Imaxe tirada do resumo gráfico divulgado polo servizo de comunicación da organización)
Unha ducia de produtos artesáns que se poden mercar esta fin de semana en Agolada. Vinte repasa algunhas das creacións que é posible atopar en Corazón de artesanía. VIII Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Celébrase toda a fin de semana no conxunto histórico dos Pendellos