Dimite a concelleira de Seguridade e Comercio de Ourense, Ana Isabel Rebanales (DO), menos de dúas semanas despois de asumir o cargo no goberno bipartito que encabeza Gonzalo Pérez Jácome xunto ao PP. Segundo sinala Democracia Ourensana, o cesamento débese a "discrepancias de estratexia profesional" sobre a "concellería que dirixía". Recólleo a edición ourensá do Faro de Vigo. Na imaxe, divulgada por DO, Rebanales -segunda pola esquerda- o día da constitución da corporación.
