O Hospital da Coruña lembra os riscos de bañarse nas balsas con residuos tóxicos do Monte Neme despois de que varias persoas compartisen fotos nas redes sociais facéndoo. En 2017 a Xunta incluíu nunha campaña turística unha fotografía dunha destas balsas, que despois retirara indicando que fora "un erro".
