PSdeG e Marea Atlántica asinan o seu acordo programático na Coruña deixando “as portas abertas” a que o inicial goberno en solitario dos socialistas se converta en coalición ao longo do mandato. Plans sociais e urbanísticos son algúns dos puntos de encontro acadados polas dúas formacións.
