As vítimas inician este martes as comparecencias na comisión de investigación política sobre Angrois creada no Congreso despois de que PP e PSOE impuxesen a súa orde de intervencións por riba do que reclamaban os afectados. O mércores están citados o maquinista do tren e o interventor cuxa chamada telefónica o despistou.
