O alcalde de Ribadeo celebra cos seus homólogos da Veiga (Vegadeo) e Castropol a reapertura do paso na linde entre Galicia e Asturias dende este domingo pola fin do estado de alarma polo coronavirus tamén en territorio asturiano. "Por fin os da Mariña podemos ir ao Occidente e viceversa, sigamos mantendo as precaucións e actuemos con xeito, non vaia ser o demo que teñamos que volvernos separar", afirmou Fernando Suárez (BNG). Na imaxe, con César Álvarez, rexedor da Veiga.
