Albert Rivera di agora estar disposto a pactar co PSOE tras o 10N. O líder de Ciudadanos levanta o veto a Pedro Sánchez e ofrécelle acordos a cambio dun decálogo de reformas.

Albert Rivera di agora estar disposto a pactar co PSOE tras o 10N. O líder de Ciudadanos levanta o veto a Pedro Sánchez e ofrécelle acordos a cambio dun decálogo de reformas.
Rodrigo Cuevas estrea esta noite no FIOT de Carballo o seu espectáculo ‘Trópico de Covadonga’, adianto escénico do seu próximo disco. VINTE falou co artista asturiano.
Un avión de carga da compañía Ukraine Air Alliance procedente de Vigo aterra de emerxencia en Ucraína con cando menos cinco vítimas mortais, segundo medios da zona. Segundo o Goberno ucraíno, a bordo viaxaban oito persoas e apuntan á escaseza de combustible como causa do sinistro. Imaxe divulgada polo Ministerio de Infraestruturas de Ucraína.
O Partido Socialista de Portugal chega á fin da campaña das lexislativas en cabeza das sondaxes, cuns dez puntos sobre o PSD, segundo o tracking de Pitagórica para o Jornal de Notícias. Cara ás eleccións do domingo António Costa vén apelando o electorado a lle dar unha maioría absoluta para evitar situacións de bloqueo como en España. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acode este xerán ao peche de campaña do PS, no Porto, "convidado por António Costa", especifican os socialistas galegos.
Ana Peleteiro, clasificada por segunda vez para a final mundial de triplo salto tras lograr unha marca de 14,23 metros. A deportista de Ribeira disputará a final o sábado ás 19:35. (Imaxe: RFEA)
A Xunta aproba un teito de gasto para o ano próximo, no que haberá eleccións autonómicas, de 10.160 millóns, un 3,2% máis que os 9.850 millóns deste ano. Faino tras amagar con non presentar orzamentos para 2020, como obriga a lei, en protesta polo bloqueo das transferencias estatais polo Goberno central en funcións. Esas contas autonómicas para o próximo ano, segundo fixou a propia Xunta, terán como prioridade a preparación do Xacobeo 2021.
Pedro Sánchez só participará nun debate electoral e a cinco, cos candidatos de PP, Ciudadanos, Podemos e Vox, que agora xa ten representación parlamentaria e supera así o veto fixado na anterior compaña pola Xunta Electoral. Será o luns 4 de novembro, segundo vén de decidir o PSOE.
A organización de Conxemar quéixase publicamente porque a Banda de Gaitas de Ourense tocou o himno galego e non o español durante a inauguración da feira de produtos do mar, que se celebra en Vigo ata este xoves.
A CIG homenaxea hoxe en Ourense a "loita incansábel" de Etelvino Blanco, histórico sindicalista falecido o pasado verán. O acto na súa memoria desenvólvese dende as 20h no salón de actos da Casa Sindical, no parque de San Lázaro.
As primeiras enquisas cara ás xerais do 10 de novembro apuntan a unha concentración do voto da dereita no PP e a unha maior fragmentación do electorado da esquerda. Unha análise de eldiario.es