O Partido Socialista de Portugal chega á fin da campaña das lexislativas en cabeza das sondaxes, cuns dez puntos sobre o PSD, segundo o tracking de Pitagórica para o Jornal de Notícias. Cara ás eleccións do domingo António Costa vén apelando o electorado a lle dar unha maioría absoluta para evitar situacións de bloqueo como en España. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acode este xerán ao peche de campaña do PS, no Porto, "convidado por António Costa", especifican os socialistas galegos.
